odio
A Guía Oficial de Turismo Ana Pena comeza o ano propoñendo novas visitas guiadas na Mariña. A do próximo domingo 19 de xaneiro ás 10h terá lugar no concello de Ribadeo. Máis concretamente será a Senda Azul, un interesante percorrido entre o Muíño das Aceas e o Faro de Illa Pancha, que pasa por lugares de importancia como a ría de Ribadeo, a Praia dos Bloques, a zona portuaria, ou o parque etnográfico do Cargadoiro, entre outros. A ruta ten unha extensión de 10km cunha dificultade baixa e poden asistir mascotas. O prezo é de 10€ persoa e as reservas poden facerse no 654 99 68 57.
Os restos serán agora biotriturados para converterse en acolchado de macizo das plantas, creando un abono orgánico que axudará a reducir a aparición de malas herbas e o uso de abonos e herbicidas químicos. Desce o Concello animan ao alumnado a seguir aproveitando así cada día dos nove meses de formación dual que teñen por diante.
O presunto autor accedeu ao interior dunha vivenda, propiedade dun familiar, situada na localidade de Ribadeo. Para iso utilizou unhas chaves lexitimas obtidas de maneira ilícita, subtraendo do interior do inmoble unha cartilla bancaria e diversas xoias, as cales foron recuperadas nun establecemento especializado en merca-venda de ouro. Así mesmo, o infractor utilizou o documento bancario subtraído para realizar tres reintegros, en distintas datas do pasado mes de decembro, por un importe total de 1.200 euros. A persoa detida e as dilixencias policiais foron postas ao dispor xudicial.
Seguindo o costume dos últimos anos, a entrega correu a cargo do alumnado de Vírgula, que os deleitou cun marabilloso concerto de panxoliñas, e os do Bosque Animado, que, ademáis, lles entregaron unhas fermosas postales pintadas a man por eles. Todos xuntos gozaron deste encontro.
Será o sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal.
Os feitos delituosos tiveron lugar o pasado mes de novembro, cando supostamente a persoa investigada substraeu unha bicicleta no termo municipal de Ribadeo. Como resultado da investigación policial logrouse recuperala, sendo entregada en depósito ao seu lexítimo propietario, quedando ao dispor da Autoridade Xudicial.
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza. Presentará ao autor Suso Fernández Acevedo (profesor de Lingua e Literatura Galegas no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo). Nesta segunda entrega, Marwán, fillo de Ianes O Galego, comeza unha nova vida acollido polos xudeus de Munt Sáluti ata que emprende camiño a Mérida. Alí, grazas aos seus contactos e á súa competencia, entra ao servizo da administración amiral e vai subindo na escala ata chegar a ser nomeado valí ou gobernador dunha cidade adoito insubmisa e levantadiza contra o poder de Córdoba.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital