O VICEDO .- O ente público Portos de Galicia anuncia que acometerá nestes días as obras de colocación do peche perimetral da nave de redes do porto de O Vicedo. Con esta actuación poderase d... Ler máis
O VICEDO .- O ente público Portos de Galicia anuncia que acometerá nestes días as obras de colocación do peche perimetral da nave de redes do porto de O Vicedo. Con esta actuación poderase d... Ler máis
Tras as tradicionais Badaladas de medianoite que marcarán o fin do ano vixente, o Concello dará a benvida ao 2025 cunha festa que se celebrará na praza Roxa a partir das 2:00 horas e que será amenizada polo disc-jockey Miguel GZ.
A asociación Camiña adquiriu un ordenador de mesa grazas a subvención concendida pola Fundación ONCE, que apoia proxectos destinados a creación, remodelación e expansión de centros que promoven a atención e a mellora da calidade de vida de persoas con diversidade funcional. Este novo material será utilizado para traballar cos rapaces e rapazas que acoden ao centro e así achegarse un pouquiño mais ás novas tecnoloxías, cada vez mais importantes na nosa vida diaria.
Os feitos delituosos tiveron lugar o pasado día 20, cando a persoa investigada supostamente causou diversos danos a un vehículo estacionado no termo municipal de Meira. A súa propietaria ao observalo recriminoulle a acción, sendo agredida pola persoa investigada, á vez que a sometou a diversos insultos despectivos referentes ao seu lugar de orixe. As dilixencias policiais e a persoa investigada foron postas ao dispor da Autoridade Xudicial.
Contou coas actuacións de Cordenaia, Fol do Raxal, A Rebolaxe, Mistura, Coro se Cervo e Coral Terramar cun auditorio cheo na Casa da Cultura.
En total, a mostra reúne sete obras dos veciños e veciñas Carmen Rodríguez, Juan Pablo Docal, Nuria Ramos e Pilar Lorenzo, abarcando unha gran variedade de disciplinas, como a fotografía, a pintura ou o debuxo. Conta con entrada gratuíta e poderase visitar ata o próximo 8 de xaneiro en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
Trátase de Mercedes Fernández. A alcaldesa, Dolores García Caramés, quixo felicitala en persoa e compartir uns intres con ela e a súa familia, e como mostra de agarimo entregoulle un ramo de flores.
Recibiron un agasallo da man do mesmísimo Papá Noel!
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital