César Álvarez
O delegado reiterou o apoio do Goberno ao desenvolvemento sostible e respectuoso do potencial turístico que ten o litoral norte de Galicia, e que se materializa a través do Plan de Sostibilidade Turística da Mariña, que cofinancia o Ministerio de Industria e Turismo cun millón de euros de fondos do Plan de Recuperación. Lembrou que A Mariña é un dos 43 destinos turísticos de Galicia que o Goberno está a transformar con investimentos e coa colaboración das entidades locais, chegando a un de cada dous concellos galegos. Na súa intervención, o delegado puxo en valor o traballo dos concellos pertencentes a esta Mancomunidade aos que felicitou asi como ao conxunto da sociedade mariñana, polo traballo conxunto que están a desenvolver para modernizar este sector.
Os deputados que participaron nesta edición son Antonio Ameijide, José Ángel Santos, Armando Castosa, José Pardo, Luis Fernández, Héctor Corujo, Clemente Iglesias e José María Fernández. O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explicou que “estamos en contacto con representantes doutras deputacións e administracións locais para coñecer novas canles de comunicación e de difusión para poder levar novas ideas para a promoción da provincia”. Ameijide explica que “se trata dun traballo que deberían facer e do que preocuparse dende o goberno provincial, pero vemos como levan demasiados anos ancorados nas mesmas ideas e sen facer nada por atraer novos turistas á provincia”.
A actividade forma parte do programa municipal Arruguiñas, que é gratuíto e está dirixido á poboación maior de 60 anos. Estes talleres teñen lugar na Casa do Mar en colaboración coa Asoc. Saúde Mental A Mariña.
A deriva da rede social propiedade de Elon Musk non é acorde cos principios do noso medio independente que rexeita o feixismo, polo que os contidos que antes se difundían pola manipuladora X, chegaran agora por Bluesky, unha nova RRSS descentralizada.
As palestras teñen lugar no Hotel Voar de Ribadeo. As seguintes serán as de Juan Luis Cebrián (31 de xaneiro) e Isabel Díaz Ayuso (14 de febreiro).
Será ás 21:00 horas no local social de Lieiro, coa colaboración da asociación de veciños Nosa Señora de Lieiro. Contará coa actuación do Dúo Dilema. A cita gratuíta está aberta a todo o público.
Será dentro do programa de difusión cultural ADRAL, que promove a Xunta de Confrarías da Semana Santa. A cita será ás 20.30 h. Entradas en ATAQUILLA.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital