A MARIÑA .- A utilización de cepos e a aplicación de crueis artimañas lesivas a animais salvaxes, co fin de que non escapen, provócanlles graves lesións e dificultades de mobilidade. Nos mon... Ler máis
O proxecto conta cun prazo de 45 días para a súa presentación, durante os cales se desenvolverán diferentes estudos e a planificación necesaria para levar a cabo as melloras na iluminación. Este proxecto ten como obxectivo dotar de iluminación pública a Balmeón, mellorando a infraestrutura e optimizando o sistema de iluminación de las Aceñas.
Con el estiveron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo. O rexedor subliñou que “o traballo conxunto e a colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local de Ribadeo continuará coma sempre, para seguir facendo da nosa vila un lugar seguro para as nosas veciñas e veciños e para o colectivo empresarial”.
A investigación policial iniciose tras ter coñecemento de que o pasado mes de febreiro os presuntos autores accederon, tras violentar os peches e ocasionar outros danos pendentes de valoración, a varios contedores situados en Trabada, lugar onde se está construíndo un parque eólico. Neste ilícito os presuntos autores subtraerían ao redor de 600 kgs de cable de cobre, estimándose a suma do importe do material roubado nuns 11.000 euros. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Garda de Mondoñedo.
Está fixada para as 20:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda. A orde do día inclúe estes asuntos a tratar: lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior; estado de contas da asociación; informe de actividades desenvolvidas; informe do director da Banda; e preguntas e suxestións.
Esta actividade, que terá lugar o mércores 16 de abril no Parque de Calistenia situado no Paseo Marítimo de Cariño, está destinada a persoas maiores de 14 anos. Será totalmente gratuíta e non haberá que realizar inscrición previa para poder participar. A actividade desenvolverase en dous horarios diferentes, cunha sesión de mañá de 11:00 a 13:00 horas e outra de tarde de 16:30 a 18:30 horas.
O torneo, que se disputou durante a fin de semana en pavillóns de Foz e Burela, reuniu 230 xogadoras e xogadores entre os 8 e os 12 anos entre Foz. Ademais de equipos do Celtas de Foz o do CB Burela, participaron na actividade equipos de Ensino (Lugo), Sanxillao (Lugo), Franciscanos (Lugo), Bezana (Cantabria), Gremlims (Pontevedra), Depordima (Orense).
Ana Pena, natural de Foz, veu cumprido o seu soño de traballar como guía turística na Mariña. A súa empresa Guía tu día acaba de cumprir o segundo aniversario. "Estou moi feliz de continuar a desenvolver a miña profesión na comarca onde nacín e contribuír a que a xente se leve un bo recordo". Durante o ano traballa con varias axencias e grupos organizados, pero tamén deseña os seus propios paseos guiados tanto culturais como naturais para que poida asistir calquera persoa que teña interese.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital