Nota de prensa APROBADA POR UNANIMIDADE A MOCIÓN PRESENTADA POLO BNG RELATIVA Á REDUCIÓN DE COTAS DA CABALA E LIRIO O BNG defendeu no pleno da Deputación unha moción para que o goberno do Es... Ler máis
Nota de prensa APROBADA POR UNANIMIDADE A MOCIÓN PRESENTADA POLO BNG RELATIVA Á REDUCIÓN DE COTAS DA CABALA E LIRIO O BNG defendeu no pleno da Deputación unha moción para que o goberno do Es... Ler máis
Será este xoves, a partir das 19:30h na Casa de Cultura. Ao remate haberá chocolatada cortesía do APA O Vicedo. Quen se queira apuntar debe ir atuendado de saba branca, cara pintada e unha cabaza propia feita de casa.
Os feitos delituosos tiveron lugar o pasado día 18 de outubro, no interior dun establecemento comercial de Ribadeo, cando supostamente a persoa investigada aproveitando un descoido da propietaria do local subtraeu dous aneis dun expositor. No marco da investigación logrouse recuperar un dos obxectos subtraídos, continuando xestións para localizar e recuperar o outro. As dilixencias policiais e a persoa investigada foron postos ao dispor xudicial.
Esta actividade está deseñada para levar a cabo a implantación da figura do coordinador/a de benestar e protección tal como recolle a Lei 8/2021 de protección integral da infancia e da adolescencia que establece que todos os centros educativos onde cursen estudos persoas menores de idade deben ter esta figura. Será impartido por Paula Abelleira Sánchez, orientadora de IES do Camiño de Palas de Rei (Lugo) Actualmente imparte formacións de "Coordinador de benestar e protección educativa". Realizarase online ou presencial, do 18 de novembro ao 16 de decembro, de 16:00 a 19:00 horas. Máis información e matrícula: extension.uned.es/actividad/40369&codigo=CDBYP
O pasado sábado, 26 de outubro, tivo lugar na Pousada do Almacén en Cervo unha emotiva xuntaza do antigo alumnado do Cole de Cervo dende a xeración de 1977 ata 2006 para homenaxear a súa mestra Lila, con motivo da súa xubilación, estando acompañada polo seu inseparable Toño (tamén mestre no Centro). Lila foi unha carismática mestra que impartíu no Colexio Público de Cervo dende comezos da década dos 90 ata xuño pasado. Máis de 70 persoas asistiron á cea e unhas 110 participaron nos distintos agasallos entregados ao remate cos respectivos discursos. A homenaxe continuou logo no Muíño para rememorar anécdotas dos tempos mozos das persoas asistentes.
A edil Begoña Sanjurjo explicou que “foi unha xornada de convivencia e desconexión do mundanal ruído”. E contou que “a meteoroloxía deixounos desfrutar da contorna do balneario e da área recreativa da Carballeira en Parga, onde comemos”. A concelleira de Igualdade dixo que “foi unha experiencia que nos deixou gañas de repetir”.
Destinado ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. O espectáculo trata a temática da memoria, da vellez, da demencia, da soidade e da dura e esixente tarefa de coidar as persoas maiores e enfermas. Será ás 18 horas.
A programación contempla unha yincana terrorífica, varios obradoiros e dous concursos, un de cabazas e outro de disfraces. Para participar en ambos os concursos, os interesados terán que traer os disfraces e as cabazas preparadas previamente de casa. Ademais, tamén se poderán degustar varios produtos típicos destas datas, por exemplo as castañas asadas. Todas as actividades do programa serán gratuítas e están dirixidas a todos os públicos.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital