Xabier Novo “ hai que darlle a chave dos nosos cartos aos galegos e galegas” Vilalba, 19 de decembro de 2024 .- O BNG de Vilalba celebrou este xoves unha charla para dar a coñecer o modelo a... Ler máis
Xabier Novo “ hai que darlle a chave dos nosos cartos aos galegos e galegas” Vilalba, 19 de decembro de 2024 .- O BNG de Vilalba celebrou este xoves unha charla para dar a coñecer o modelo a... Ler máis
Visitantes de toda Galicia e doutras partes de España acudiron á carpa instalada na Praza da Constitución. López agradeceu o labor do Concello e da Alcaldesa, a participación e o bo facer dos produtores e puxo en valor a alta calidade do produto. “Dende a Deputación de Lugo estamos e estaremos sempre do lado do sector primario e por iso, como non podía ser doutra maneira, colaboramos coa proxección desta cita. Estamos ao carón de todas as persoas que traballan para manter vivo e impulsar o rural”, valorou.
E antes de repartir ilusión, o Concello de Cervo encargoulle que fixese unha parada co seu elfo no centro de Saúde Mental Adaoemam A Mariña onde recolleu uns detalliños para cada pequeno/a que fixeron con todo o cariño, como sempre.
A temática elixida para este 2025 son paisaxes do municipio pouco coñecidos. Panorámicas singulares ou recunchos de gran beleza pertencentes ás oito parroquias de Xove, que son pouco coñecidas polo público en xeral, e mesmo, en moitas ocasións, tamén pola propia veciñanza. O almanaque complétase cunha felicitación de nadal do alcalde e da corporación municipal do Concello de Xove, ademais dunha ampla listaxe con teléfonos de servizos de interese para a poboación.
Alfonso Villares expresou a súa repulsa ao tráxico suceso de violencia machista producido este mércores neste municipio.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou este xoves no cemiterio vello de Mondoñedo na ofrenda floral no panteón de Pascual Veiga, no marco dos actos conmemorativos do Himno galego.
Mondoñedo foi o primeiro concello galego no que se declarou unha área Rexurbe hai tres anos, e xa deu froitos como a rehabilitación dun edificio convertido en casa de maiores. Ademais, a Xunta traballa na rehabilitación doutros cinco inmobles que adquiriu na zona e que permitirán habilitar sete vivendas tras un investimento aproximado de 1,5 millóns de euros.
A institución provincial colabora con este evento único, no que se inclúe un primeiro pase ás 18:00 horas e un segundo ás 20:00 horas, cunha achega económica de 3.500€.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital