ALFOZ .- O voceiro do BNG en Alfoz, Iván Marrube, acusa ao actual equipo de goberno “dunha total falta de previsión ante as inundacións que se produciron nos últimos días, xa que veñen... Ler máis
O proxecto conta cun prazo de 45 días para a súa presentación, durante os cales se desenvolverán diferentes estudos e a planificación necesaria para levar a cabo as melloras na iluminación. Este proxecto ten como obxectivo dotar de iluminación pública a Balmeón, mellorando a infraestrutura e optimizando o sistema de iluminación de las Aceñas.
Con el estiveron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo. O rexedor subliñou que “o traballo conxunto e a colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local de Ribadeo continuará coma sempre, para seguir facendo da nosa vila un lugar seguro para as nosas veciñas e veciños e para o colectivo empresarial”.
A investigación policial iniciose tras ter coñecemento de que o pasado mes de febreiro os presuntos autores accederon, tras violentar os peches e ocasionar outros danos pendentes de valoración, a varios contedores situados en Trabada, lugar onde se está construíndo un parque eólico. Neste ilícito os presuntos autores subtraerían ao redor de 600 kgs de cable de cobre, estimándose a suma do importe do material roubado nuns 11.000 euros. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Garda de Mondoñedo.
Está fixada para as 20:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda. A orde do día inclúe estes asuntos a tratar: lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior; estado de contas da asociación; informe de actividades desenvolvidas; informe do director da Banda; e preguntas e suxestións.
Esta actividade, que terá lugar o mércores 16 de abril no Parque de Calistenia situado no Paseo Marítimo de Cariño, está destinada a persoas maiores de 14 anos. Será totalmente gratuíta e non haberá que realizar inscrición previa para poder participar. A actividade desenvolverase en dous horarios diferentes, cunha sesión de mañá de 11:00 a 13:00 horas e outra de tarde de 16:30 a 18:30 horas.
Será a cargo do pianista Juan Rezzuto, referente internacional da interpretación clásica. Un programa de alto nivel, nun marco que equilibra tradición, estética e carácter galego. Venda de entradas: https://santaemilia.es/producto/noche-de-cultura-en-santa-emilia/
O torneo, que se disputou durante a fin de semana en pavillóns de Foz e Burela, reuniu 230 xogadoras e xogadores entre os 8 e os 12 anos entre Foz. Ademais de equipos do Celtas de Foz o do CB Burela, participaron na actividade equipos de Ensino (Lugo), Sanxillao (Lugo), Franciscanos (Lugo), Bezana (Cantabria), Gremlims (Pontevedra), Depordima (Orense).
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital