- Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela
Aproveitouse despois para ver o partido entre Almería e Dépor lembrando "as peñas irmáns que hai polo territorio estatal". A peña burelá agarda repetir nova cita antes do remate da actual tempada coa intención de celebrar éxitos dos distintos equipos que compoñen a estrutura do RC Deportivo.
- A Deputada Carmela López participou este mércores en Viveiro na inauguración da exposición Celeiro: 100 anos de tradición pesqueira, acto central do centenario da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol
Destacou a súa importancia para preservar a memoria histórica e recoñecer o esforzo das xeracións que converteron o porto de Celeiro nun referente pesqueiro. Puxo en valor o rico patrimonio mariñeiro e cultural da Mariña, facendo fincapé “que esta exposición é unha oportunidade para recoñecer o esforzo e a dedicación das persoas que ao longo de cen anos contribuíron ao crecemento e consolidación do porto celeirense”. A mostra, situada na sede da confraría, inclúe maquetas de barcos, fotografías, vídeos históricos, pinturas dos patróns maiores e obxectos singulares como a acta fundacional e maquinaria antiga. A visita complétase cun percorrido por espazos emblemáticos como a lonxa e o porto. Os actos do centenario culminarán coas XXVIII Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro, un referente anual do sector.
- O Festival Independente de Vilalba (FIV) celebrará a súa 18ª edición os vindeiros 25 e 26 de abril de 2025, consolidándose como un dos festivais máis importantes do panorama indie en Galicia
Este evento anual destaca pola súa coidada selección musical e por ofrecer unha experiencia única na localidade lucense de Vilalba. Tras o éxito da pasada edición, que superou os 6.000 asistentes e contou con actuacións destacadas como as de Iván Ferreiro, Dorian e El Columpio Asesino, o FIV segue apostando por grandes nomes do indie nacional. As primeiras confirmacións do cartel serán anunciadas nas vindeiras semanas, mantendo a emoción e as expectativas para esta nova cita.
- O Concello de Cariño acollerá este domingo, 24 de novembro, o espectáculo de maxia ‘Igualdade, onde estás?’, a cargo da artista A Meiga Fani
Nesta actuación, que serve de antesala para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a coñecida maga realiza unha defensa da igualdade a través da maxia. O espectáculo é para todos os públicos e celebrarase na Casa dá Cultura de Cariño a partir das 18:30 horas. Conta con entrada libre e gratuíta ata completar aforo, polo que todos os interesados poderán acudir sen ter que realizar unha reserva previa.
- O Comandante Naval da Coruña e Ferrol, Javier García, visitou Ribadeo
Foi recibido no Concello polo alcalde, Dani Vega quen explicou que “dentro das visitas que estamos tendo en Ribadeo, recibimos ao Comandante Naval da Coruña e de Ferrol, o capitán de Fragata Javier García, que nos expuxo todo o tipo de propostas e de colaboracións que vamos ter con eles. E desde logo parécenos unha proposta interesante para tamén ter unha relación cos institutos, cos centros educativos e tamén co traballo que realiza en toda esta zona, desde Ribadeo ata A Coruña”. Vega engadiu: “nosoutros dentro da colaboración que estamos tendo con todas as administracións, creo que é positivo seguir nesta liña”.
- Este sábado, 16 de novembro, celebrouse en Oviedo o curso de Xuíz Tribunal Nacional de Graos organizado pola Fakyda, dirixido por José Antonio González Magadán, Director Rexional de Graos
Realizouse en dúas sesións, unha teórica e outra práctica. Na práctica contouse coa colaboración dos mestres Eloy Roces, Félix Bargados, Ángel Areas, Francisco Martins e Lino Gómez Feito. Nel actualizou a súa titulación de Xuíz de Tribunal Nacional de Graos o profesor do Club Shitokai Asturias Galicia, Julián Martín. Pola tarde celebrouse o exame de Cinto Negro ata 8º Dan. Os karatekas pertencentes ao Club de Karate de Ribadeo obtiveron os seguintes graos: Miguel Sanz Delgado, Cinto Negro 2º Dan. Janet Villarino Vizoso, Cinto Negro 1º Dan. Ambos coa idade mínima no seu Grao.
- A Deputación de Lugo reafirmou o seu compromiso coa MOEXMU, a Mostra Exposición de Muimenta, durante a tradicional xuntanza de traballo celebrada este sábado en Cospeito, organizada pola Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos da localidade
O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou no encontro, que serviu para perfilar os detalles da XLI edición deste certame, que terá lugar do 4 ao 6 de abril.