Lugo, 16 de novembro de 2018.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, mantivo unha xuntanza esta mañá coa alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, para tratar sobre a realización de diversas melloras na área recreativa da Choza, na parroquia de Abres.
A subdelegada do Goberno comprometeu o seu apoio a este proxecto para Trabada que lle plantexou a alcaldesa, que xa dispón dos pertinentes permisos para levar a cabo a devandita actuación.
Segundo explicou Mayra García, as melloras consistirían na execución dunha escollera para evitar a caída dun talud, que podería afectar á pasarela existente na zona. Asimesmo, a actuación comprendería outras melloras na zona do embarcadoiro consistentes na limpeza dos lodos sentimentados.