Nota de Prensa
O GPPP acusa a Gómez Besteiro de entorpecer por interese partidista as relacións coa Xunta de Galicia
* Os populares responsabilizan ó Presidente da Deputación de Lugo de retrasar premeditadamente a resolución dos asuntos pendentes entre ambas administracións
Lugo, a 10 de febreiro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular acusa ó Presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro de boicotear constante e reiteradamente as reunións de traballo que a institución á que representa debe manter cos distintos departamentos da Xunta de Galicia en aras de abordar e resolver diferentes asuntos pendentes que atañen a ambas administracións.
Os populares poñen coma exemplo recente deste proceder, que segundo recalcan estase a converter en práctica habitual dende a toma de posesión do actual goberno autonómico, a anulación, de xeito unilateral e no último momento, do encontro que hoxe mesmo tiñan previsto celebrar responsables da Consellería de Medio Rural con representantes da Deputación para tratar asuntos relacionados coa Fundación Tor, e mesmo a convocatoria de reunión do padroado desta fundación que a Deputación provincial, pese a non ter competencias para elo, xa que este ano a presidencia de turno deste organismo recae no conselleiro de Medio Rural, fixou para mañá.
Dende o GPPP enténdese a actitude amosada por Gómez Besteiro non só coma unha manifestación clara de irresponsabilidade, na que se pon de manifesto a ausencia do máis mínimo respeto institucional que se lle presupón deben ter ós responsables de turno de calquera administración, tamén coma unha treta para entorpecer e dilatar no tempo as negociacións que deben abordar ambas institucións para resolver os asuntos pendentes.
Os populares consideran que José Ramón Gómez Besteiro está a perxudicar de xeito deliberado ós intereses dos veciños da provincia de Lugo ó retrasar intencionada e deliberadamente todas aquelas cuestións nas que a institución á que representa ten que chegar a acordos coa Xunta de Galicia. Unha argucia que, na opinión dos populares, só busca lograr un rédito político pero de cuxo perxuizo, segundo lle advirten, deberá rendir contas ante os lucenses.