Cervo, 14 de outubro.- O 23 de outubro arrinca o XXIV Campionato de Tute Concello de Cervo.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto e por Félix Fernández, quen colabora desinteresadamente e que leva ao fronte do campionato dende os seus inicios.
A cita, xa máis que consolidada adoita reunir a un centenar de xogadores..
Tal e como apuntaron as partidas xogaranse nos diferentes locais hostaleiros e sedes de clubs, asociacións., etc, do Concello que desexen participar, formando equipos de catro parellas.
As partidas ou enfrontamentos realizaranse por sistema de liga, é dicir todos contra todos, a dobre volta, en cada un dos locais que establezan os equipos participantes.
As inscricións deberán formalizarse antes do 17 de outubro na Casa da Cultura, no Concello, ou a través do teléfono 686.970.388; ese mesmo día, ás 19:00 horas haberá unha reunión na Casa da Cultura á que están convocadas as persoas e entidades interesadas en participar na que se elaborará o calendario de enfrontamentos.