Nota de Prensa
Os populares de Foz, están abrallados das declaracions xustificatorias que o rexidor municipal do noso concello, Sr. Garcia Rivera amosou nalguhos medios de comunicacion en data 02-02-2010, xustificando o tixeirazo que o goberno central socialista pretende facer as entidades locais para o ano 2010..
PARA O SR. GARCIA RIVERA QUE FOZ PERDA 146.952,42 EUROS DO SEU FINANZAMENTO SEGUN O PREVISTO POLO GOBERNO DE ZAPATERO, NON TEN IMPORTANCIA , COMO DI O QUE LLE VEN EN MENTE E LOGO FAI O CONTRARIO.
Foz, 5 de febrero 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Foz, non pode admitir que o Alcalde de Foz, Sr. García Rivera intente xustificar o tixeirazo que o Goberno Socialista central está a facer as entidades locais , decindo que o Goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia debería de tomar nota e facer un plan para axudar aos concellos coma fixo o Goberno de Zapatero con Plan E. Un plan que se xenerou a raíz da mala xestión que o gobernó central realizou ao momento de atallar a crise que sempre negou. Este plan ( Chamado Fondo Estatal de Inversión Local), que tanto da as gracias o sr. Alclade, viña destinado para obras de nova creación e para fomentar o emprego.
Desde aquí, queremos recordarlle ao Sr. Garcia Rivera, que este grupo ten solicitado con data 4 de decembro de 2009 información sobre o numero de novos postos de traballo que este plan tiña que xenerar no noso concello, ademais de outras certificacións destas obras que ata esta data non se nos entregaron.
Por outra banda señalar que o alcantarillado que o Sr. Rivera dí que se está a facer nas parroquias, xao tiña ofrecido na anterior legislatura, manifestando ademais en algunha delas, que estaria listo ao finalizar aquel mandato, ahora pasou o plan E 2009 é está sin acabar. O que si fixo foi encher as estradas, unhas de gravilla ,outras de zahorra e co aglomerado non se chegou a todolos proxectos.