Cervo, 5 de setembro de 2018.- O Concello de Cervo vén de clausurar o programa Cervo Concilia no que participaron 26 nenos e nenas do municipio.
O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, acompañaron aos nenos e nenas e ás súas familias na festa final que tivo lugar na Casa do Mar.
Tal e como apuntou Villares “foi a primeira edición deste programa específico de conciliación e estamos moi satisfeitos coa gran acollida que tivo”; cremos que se cumpriu o obxectivo co que naceu este programa –engadiu- que non era outro que o de “brindarlles ás familias unha ferramenta coa que contribuír a conciliar a vida laboral co coidado dos seus pequenos e pequenas”.
Caramés recordou que “a iniciativa comprendeu unha completa axenda de actividades dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos; e prolongouse durante os meses de xullo e agosto, en horario intensivo, de luns a venres, de 9:00 a 14:30 horas”.
