O Valadouro 30-8-18. A Asociación Cultural Amado Lar, organiza para o vindeiro sábado día un de setembro, a partir das 19:30h na Praza de Santa María, a que será a XXX Mostra Folclórica Do Valadouro.
Para este día contarán cos seguintes grupos invitados: Grupo Folclórico Nova Semente de Celeiro, Grupo Folclórico Mistura de Lieiro, Asociación Folclórica San Xiao Do Trebo de Cariño, e os anfitrións do evento á Asociación Cultural Amado Lar do Valadouro.
Dende Amado Lar, convidan á asistir e así pasar unha bonita tarde gozando da música e baile tradicional. Para todos os asistentes haberá algunha que outra sorpresa con motivo da 30 celebración deste acto. Agradecen tamén a colaboración do Concello do Valadouro, Concellería de Cultura e dos locais comerciais e hostaleiros do Valadouro.
![XXX Mostra Folclórica do Valadouro](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2018/08/Foto.png)