Cervo 3-7-18. Os socialistas de Cervo veñen de presentar Ó Goberno Municipal do Partido Popular presidido polo Sr. Villares, a demanda e as queixas das veciñas, veciños e usuarios polo estado da Praia da Cubelas (San Ciprian), debido á “falta de limpeza e acondicionamento” da zoa, xa que aínda están os restos das fogueiras de San Xoán, e as instalacións están en estado ruinoso e de abandono total, e todo isto xa comezado oficialmente o verán.
Os Concellais socialistas pídenlle ós responsables municipais unha actuación urxente para limpar o areal, e esíxenlles que sexan restauradas e acondicionadas as instalacións e servicios, e que se proceda do mesmo xeito co resto das praias do Concello. Tras recoller a opinión das veciñas e veciños, algunhas praias presentan un aspecto pouco apropiado para estas datas, da mesma maneira ocórrelle os camiños e rutas de sendeirismo que están intransitables, e que o mesmo tempo son publicitados como atractivos turísticos.
Sabemos que por parte do PP seremos tachados de insolidarios, ou tamén de irresponsables, por poñer en coñecemento público estas deficiencias e tamén incluso de espantar o turismo, pero esta é a única forma que nos queda os veciños de demandar as carencias que estamos a sufrir pola deixadez do goberno do Sr. Villares, e para que visitantes e turistas non leven do noso Concello unha imaxe de abandono que proxecte un desprestixio do noso potencial turístico.
GRUPO MUNICIPAL PSdeG-PSOE CERVO