Burela, 3 de xullo de 2018. A Escola Municipal de Música de Burela desenvolve esta semana o IX Curso Interdisciplinar de Música.
Nesta edición estase a preparar unha selección de números da zarzuela galega Non chores Sabeliña, composta por Gustavo Freire en 1943 e con libreto en galego de Xosé Trapero Pardo.
A representación da zarzuela terá lugar o venres, día 6 de xullo, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa de Cultura de Burela. Intervirán tanto o grupo de orquestra como una pequena formación coral, cantantes solistas e agrupación infantil pertencente ao taller infantil de música que se celebra esta semana.
No curso, dirixido por Xan Carballal, inclúese un obradoiro infantil no que participan nen@s desde os 4 anos de idade.