Barreiros acolle o vindeiro domingo, 8 de xullo, unha actividade de promoción da lingua galega para a que contará coa presenza de Os Bolechas. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros, será escenario do espectáculo O Amigo Monte, de Os Bolechas a partir das 12:30 horas. A actividade está incluída no programa de animación lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia. O Concello colabora con este acto.