A bandeira multicolor do colectivo LGTB está un ano máis colgada no balcón do Concello de Ribadeo. As encargadas de colocala foron as concelleiras de Xuventude e Servizos Sociosanitarios, Vanesa Yanes e Sonia Meilán. Alí permanecerá ata finais da semana próxima. A edil Sonia Meilán dixo que “hoxe, 28 de xuño, día internacional do orgullo gay a bandeira do colectivo LGTB ondea no balcón do noso Concello. Con este sinxelo acto seguimos a reivindicar e apoiar a este colectivo e os seus dereitos”.