En Viveiro a 22 de maio de 2018. Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
No pleno celebrado o 7 de xuño de 2017 – vai facer casi un ano – o noso grupo presentábamos unha moción para tentar de porlle remedio ó problema dos excrementos caninos, planteando unha serie de acordos como eran o control por parte da policía local do cumplimento do artigo 58 da ordenanza de policía e bo goberno, campañas de concienciación, habilitación de espacios para que os donos das mascotas puidesen levalas a facer as súas necesidades, poñer dispensarios de bolsas para a recollida nas papeleiras e crear unha comisión para a elaboración dunha ordenanza que regulase máis en profundidade todo o relativo á protección e tenencia de animais de compañía.
De todo o exposto so se aceptou o último apartado, o de crear unha comisión para a elaboración da ordenanza citada, entregándosenos un borrador para a súa revisión e do que ata o día de hoxe non volvimos a saber máis nada.
No pleno mencionado anteriormente, o Concelleiro de Obras, o Sr. Fernández Cal falaba da dificultade de habilitar espacios para as necesidades fisiolóxicas dos cans, sinalando que había ámbitos onde non resultaba factible a súa ubicación, xunto coa outras problemáticas que isto podería ocasionar. Por estas razóns, en vez de establecer zonas concretas sería mellor prohibir a súa estancia en zonas como praias e parque infantís.
A nosa sorpresa é que no pleno onde se aprobaron os presupostos 2018 – o 4 de abril -, un dos acordos foi o de crear unha zona para os cans no parque Pernas Peón, que aínda que non é un parque infantil específico, si é, un parque o que acuden moitos nenos e nenas con asiduidade. Si a esto lle añadimos a grave plaga de procesionaria que hai en este lugar e que tan perigosa resulta para os cans, parecenos unha idea un pouco peregrina.
Por todos estes motivos e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:
1. Despois de transcurrido un ano dende que se nos entregase un borrador de ordenanza para a súa revisión, cando pensan constituir a comisión para o desarrollo da mesma e que se aprobou neste pleno de xuño do 2017?
2. Teñen pensado seguir adiante, dadas as circunstancias aquí expostas, coa idea de crear este espacio para cans no parque Pernas Peón?
3. En caso afirmativo, en que zona a farían?
4. En que consistiría dita actuación?
Antonio J. Bouza Rodil
Concelleiro do Partido Popular de Viveiro