RIBADEO (FNC) . A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Ribadeo, anuncia máis actividades de achegamento ás novas tecnoloxías que terán lugar no mes de febreiro en Ribadeo.
Impartirase un Curso de creación dunha conta de correo electrónico en catro quendas. Con este obradoiro os/as usuarios/as serán capaces de crear e xestionar a súa conta de correo electrónico. Dirixidos á poboación en xeral do concello de Ribadeo, dous dos turnos terán lugar do 3 ao 11 de febreiro, un en horario de mañá de 11 a 12 e outro pola tarde tarde de 19 a 20 horas. As outras dúas quendas están previstas do 17 ao 25 de febreiro, unha en horario de mañá de 11 a 12 e outra pola tarde 19 a 20 horas.
O prazo de inscrición está aberto ata o día anterior do seu inicio e ata cubrir as prazas que se ofertan. Para solicitar máis información sobre as súas actividades os interesados poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Ribadeo, sito na rúa Antonio Otero, 15, 2º andar, chamar ao teléfono 982.120.732 ou mandar un correo electrónico ao enderezo: telecentroribadeo@gmail.com