Foz, 4 de maio de 2018. O Centro Comercial Aberto de Foz únese á campaña Días Azuis do Comercio Galego, que terá lugar do 7 ao 21 de maio. A Federación Galega de Comercio sorteará 16.200 euros en premios repartidos en 80 tarxetas prepago de ABanca de 300 e 150 euros cada unha.
A campaña está organizada pola Federación de Comercio e pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.
Todos aqueles consumidores que desexen participar nesta campaña o único que teñen que facer é rexistrar a súa compra en www.diasazuis.com a través de calquera dispositivo electrónico. Tamén poden pedirlle ao comerciante que lles faga a xestión en www.diasazuis.com/comercios
Trinta aniversario de ACIA/CCA
Por outra banda, xa están á venda as tarxetas para asistir á cea conmemorativa do 30 aniversario da constitución de Acia/CCA de Foz, que terá lugar o 16 de maio no restaurante Leyton. Na cita renderase homenaxe a Suso Fernández, o primeiro presidente da asociación, que estivo á súa fronte durante 15 anos. As tarxetas poden mercarse na oficina de ABanca en Foz e tamén nas oficinas de Acia/CCA de Foz, sitas na primeira planta do edificio do Cenima, na avenida da Ribeira.