Foz 25-04-2018. A Agrupación Socialista de Foz, xunto coa Executiva Provincial do PSOE de Lugo convidan a tódolos veciños, veciñas, simpatizantes e militantes de Foz, da comarca da Mariña e da provincia de Lugo a acompañalos na celebración do día do traballador o 1º de maio compartindo o tradicional xantar que que se celebra, baixo unha carpa, na área recreativa do monte Bispo Santo, na vila de Foz.
Teñen confirmada asistencia a esta comida de fraternidade destacados representantes socialistas, entre os que podemos citar ao Secretario Xeral Provincial de Lugo, Álvaro Santos, ao secretario de Organización nacional José Antonio Quiroga e en representación da executiva federal a Pilar Cancela.
Os socialistas, neste día tan importante para a clase traballadora e ante o alarmante aumento da precariedade e inestabilidade laboral, queremos reivindicar o dereito a ter un posto traballo de calidade que permita vivir con dignidade, unha maior protección para traballadores e desempregados, a redución das desigualdades salariais existentes, un aumento das políticas efectivas de emprego e esixir a derrogación da lesiva e arbitraria Reforma Laboral que o único que trouxo foi a destrución de empregos estables, a debilitación das negociacións colectivas e un inxente aumento do poder empresarial. Sen empregos de calidade e con uns traballadores con dereitos minguados, non hai recuperación económica que valga.
A unha do mediodía comezará a recepción dos asistentes, para a partires das dúas degustar un menú composto por: paella mixta, carrilleiras ao vino tinto, tarta primavera, viños, refrescos, café e licores variados.
O prezo é de 20€ para os adultos, gratuíto para menores de 4 anos e de 10€ para os nenos e nenas de 5 a 10 anos. Os interesados en asistir teñen que confirmar asistencia no teléfono 667 052 058