Viveiro a 24 de abril de 2018. Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
– varios veciños da parroquia de San Andrés de Boimente se dirixiron o noso grupo para manifestarnos o lamentable estado no que se encontra a pista de Riaño ( que vai de San Andrés a Chavín ), con fochancas moi grandes que a fan prácticamente intransitable, constituindo un perigo o feito de transitar pola mesma e ademáis do deterioro que sufren os vehículos ó estar en tan mal estado.
Ante esta situación e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:
1- Teñen coñecemento do estado tan calamitoso no que se encontra dita pista?
2 – En caso afirmativo, teñen pensado adoptar algunha medida para darlle solución e que se poida transitar por ela con normalidade?
3- De ser asi, cando pensan facelo?
– O aparcadoiro situado ó inicio da Avda Martín Ledesma, xusto detrás do edificio da Cruz Vermella e ó lado do Cep Lois Tobío, atopase nun estado lamentable, con abundantes fochancas e pedras soltas, o que ocasiona numerosas molestias ós usuarios, ademáis de danar os seus vehículos. Por esta razón lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:
1 – Teñen coñecemento do estado tan lamentable no que se encontra este aparcadoiro?
2 – En caso afirmativo, teñen pensado adoptar algunha medida para solucionar este problema?
3- De ser así, cando pensan facelo?.
Antonio J. Bouza Rodil
Concelleiro do Partido Popular de Viveiro