RIBADEO (FNC) .- A xunta de voceiros aprobou por unanimidade os 10 proxectos que se realizarán nos vindeiros meses con cargo ao plan E 2010. Esas obras serán ratificadas na xunta de goberno prevista para o vindeiro luns 25 de xaneiro.
O alcalde de Ribadeo sinalou que “nesa xunta de voceiros consensuamos os proxectos, as obras, as inversións que o Concello de Ribadeo realizará con cargo a este plan E 2010. Os técnicos alí presentes explicáronnos a todos os portavoces como fixeron para adaptar todas as propostas consensuadas ao diñeiro dispoñible. Houbo que facer algunha modificación ou algunha obra que non puido entrar e quedamos por unanimidade en deixalas para a seguinte remesa de diñeiro público que poida vir para este efecto, serán as primeiras prioridades para a no ano seguinte”.
Fernando Suárez engadiu que “en todo caso agora que aprobamos por unanimidade estas propostas serán ratificadas nunha xunta de goberno prevista para o vindeiro luns e a partires de aí enviaremos toda a documentación e todas as solicitudes formais á Subdelegación de Goberno para seguir coa tramitación e empezar a contratar as obras”.
O plan E 2010 destina a Ribadeo 1.065.000 euros, dos que arredor de 851.000 van para eses dez proxectos e 213.000 euros serán para a financiamento de gasto corrente.
Relación de obras do plan estatal para o emprego 2010
-Reforma interior e eliminación de barreiras arquitectónicas na Casa do Concello de Ribadeo (104.484,97 euros)
-Ampliación da rede de saneamento municipal desde a zona de Igrexa ata o colector existente en Piñeira (80.065,35 euros)
-Conexión da rede de saneamento do parque empresarial de Ribadeo á rede de saneamento municipal (163.000 €)
-Construción da nova depuradora de augas residuais no lugar de Vilela (60.000 €)
-Instalación de grupo electróxeno no Hospital Asilo de Ribadeo (20.000 €)
-Reforma interior e eliminación de barreiras arquitectónicas na antiga oficina de turismo de Ribadeo (30.000 €)
-Mellora e substitución do alumeado público das rúas: Avenida de Galicia, José Vicente Pérez Martínez e Avenida de Asturias (175.000 €)
-Obras de adecuación interior dos vestiarios do campo de fútbol municipal (83.000 euros)
-Obras de recuperación no parque de San Francisco (50.000 euros)
-Mellora das zonas transitadas por peóns nas áreas recreativas de Santalla e Vilaselán (86.254,67 euros)