O concerto benéfico que se ía celebrar o venres día 22 de xaneiro ás 20.30 horas no Cine Teatro trasládase ao Auditorio Municipal Hernán Naval. Este concerto está organizado pola Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, a asociación Amadores da Música, a asociación cultural Musiqueando e máis o Concello de Ribadeo. O obxectivo principal desta actuación é a recollida de fondos para axudar ás vítimas do sismo ocorrido en Haití polo que se fai un chamamento á participación masiva das e dos ribadenses. O diñeiro obtido pola venda de entradas, a un prezo de cinco euros, será doado á Cruz Vermella que levará a cabo traballos de axuda á reconstrución do país.
O concerto benéfico para axudar ás vítimas de Haití previsto para o venres 22 será no Auditorio Municipal de Ribadeo
O concerto benéfico para axudar ás vítimas de Haití previsto para o venres 22 será no Auditorio Municipal de Ribadeo
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros