BURELA .- O sindicato UXT costa lucense elixiu nova comisión executiva do Metal e Afíns durante o IX Congreso de Metal, Construción, e Afines. A nova comisión executiva da Costa lucense fórmana Luís Martínez Cardoso, Secretario Xeral; Manuel José Fernández, Secretario de Organización; Ramiro Fernández Rey, Secretario de Administración e Recursos; José Antonio Rodríguez Lorigados; Secretario de Política Sindical Sectorial e Xuventude; e Rogelia Martiña Pernas, Secretaria de Formación e Emprego.
Nota de Prensa
Gómez Besteiro tende o apoio “sen fisuras” aos traballadores para saír da crise
– O titular do organismo provincial clausura IX Congreso de Metal, Construcción, e Afines-UXT Costa Lucense onde se elexiu á nova Comisión Executiva
– O Presidente subliña que ante a crise ou se recortan os Presupostos como fixo a Xunta, ou se recorre ao endebedamento para facer políticas produtivas
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado pola Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, clausurou este venres o IX Congreso de Metal, Construción, e Afines-UXT Costa Lucense onde se elexíu a nova Comisión Executiva. Durante o acto, Gómez Besteiro avogou pola non flexibilización laboral, e tendeu o apoio “sen fisuras” aos traballadores para saír da crise.
O titular do organismo provincial felictiou ao reelexido Secretario Xeral, Luís Martín Cardoso, e os demais membros da Comisión MCA-UXT da Mariña, e ofreceulles “a máxima colaboración da Deputación para afrontar os retos que se lles presenta debido ás dificultades económicas”.
Gómez Besteiro salientou que ante a crise, as administracións poden actuar de dúas formas: recortando os Presupostos baixo a premisa da redución de ingresos, ou recorrer ao endebedamento. “Iso é o que fixo a Deputación. Decidíu romper coa tendencia á baixa da Xunta, e endebedouse sen medo aos pagos que temos que facer fronte, e conseguindo que sexa o ano de maior inversión”, destacou.
O organismo provincial vén de aprobar os Orzamentos para 2010 dotados de 143.695.391 euros, o que supón un incremento de 1.557.093 euros con respecto a 2009, é dicir un 1,10%. Neste senso, o Presidente do organismo provincial, explicou que “é un Presuposto anticíclico, xa que nestes momentos nos que falta a iniciativa privada é cando as institucións públicas deben aumentar a capacidade inversora”.
O máximo mandatario provincial incidiu en que “a Deputación vai facer todo o que esté nas súas mans para que o 2010 sexa o último ano de crise, pero por este camiño temos que traballar todos xuntos: administracións, empresarios, e traballadores”.
Da mesma forma, Gómez Besteiro avanzou que, nos vindeiros meses, a Deputación porá en marcha na Mariña o Pacto Provincial polo Emprego no que o organismo provincial inviste preto de 4 millóns de euros para facer fronte ao desemprego.
A nova Comisión Executiva de Metal, Construcción, e Afines-UXT da Costa lucense que se consolidou durante esta xornada, queda da seguinte maneira: Luís Martínez Cardoso, Secretario Xeral; Manuel José Fernández, Secretario de Organización; Ramiro Fernández Rey, Secretario de Administración e Recursos; José Antonio Rodríguez Lorigados; Secretario de Política Sindical Sectorial e Xuventude; e Rogelia Martiña Pernas, Secretaria de Formación e Emprego.