Trátase dunha campaña de concienciación e recollida de residuos de pilas, baterías e acumuladores.
Dentro desta campaña, procedeuse a unha recollida polos distintos comercios de Xove, e tamén no Centro Cívico, aproveitando que é día de mercado. Os resultados foron moi bos xa que se recolleron uns 300 kgs de residuos deste tipo. Paralelamente realizouse unha campaña informativa, de concienciación, coa instalación dunha carpa na Praza do Centro Cívico onde se deu información sobre a importancia da recollida das pilas, e a tódalas persoas que pasaron polo stand fíxoselles entrega dun recolledor de pilas de cartón para ser empregado nas súas casas.