Ademais da casiña de fume, das charlas, os consellos para evitar incendios, as proxeccións, ou os talleres de RCP; os nenos asisitiron no exterior do Pavillón da Veiga a un simulacro desevolvido polo persoal do Departamento de Seguridade de Alcoa. Achegáronse ata as instalacións os alumnos dos colexios de Cervo e San Cibrao, alumnos do CEIP de Antonio Pedrosa Latas de Celeiro, do Fondo Nois e do CEIP de Foz nº1. O rexedor de Cervo, Alfonso Villares destacou que estas xornadas de prevención de incendios foron un éxito, tendo en conta que polo Pavillón da Veiga pasaron estes dous días máis de 800 rapaces de toda a Mariña; aos que vimos moi receptivos e atentos nas charlas e explicacións que se lles aportaron nestas xornadas; que agardamos que reteñan e que lles sexan útiles para previr calquera situación de risco que se poida presentar na súa contorna.
Derradeira xornada de prevención de incendios que tivo lugar este venres no Pavillón da Veiga
Derradeira xornada de prevención de incendios que tivo lugar este venres no Pavillón da Veiga
Relacionado
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organizou o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería