Cervo, 10 de Xaneiro de 2018 – Esta semana comezan as clases de Taiji Quan, máis coñecido coma “Tai Chi”, na residencia que a Asociación de Axuda ó enfermo mental “A Mariña” ten en Cervo. O acordo de colaboración parte da implicación da propia dirección do centro, con Mª José Novoa Rodríguez ao frente, así coma de Miguel A. Rojo e Marcos G. Villares ambos fundadores da Escuela de Artes Marciales de Cervo, tamén participa a Asociación Cultural Arroutados, da que tamén Marcos é o presidente. Nas clases practicarase a parte física e espiritual que o TaiJi Quan aporta e os numerosos beneficios que consigo trae de saúde física e mental, xa que é moi efectiva nos transtornos depresivos, ansiedade e estrés, mellorando o estado de ánimo e a capacidade de concentración, ademáis de producir endorfinas, as consideradas hormonas da xuventude e felicidade. Pouco a pouco os usuarios do centro poderanse mergullar neste apaixoante mundo e constatar por eles mesmos os beneficios que lles aportan
Tanto Cristina, coma Miguel e Marcos, recoñecen o esforzo que supón comezar unha actividade nova, pero ámbolos tres destacan o caracter positivo que a propia actividade trae consigo. Mª José Novoa Rodríguez, directora do centro destacou “Asisten usuarios tanto da unidade residencial de Cervo coma usuarios do centro de rehabilitación psicosocial e laboral de Burela”, Miguel A. Rojo, que pronto cumplirá 40 anos de práctica de Artes Marciais, destaca dende a súa experiencia ao longo dos anos “É innegable a mellora que o Taiji Quan produce nas persoas, vexoo tódolos días” e finalmente Marcos G. Villares quere aproveitar a ocasión para anunciar o seu compromiso coa iniciativa “O mellor que podemos facer as distintas asociacións e institucións é colaborar entre nós. Todo o que poidamos facer por mellorar a vida dos que temos ao carón, farémolo” tamén, e neste eido, aproveitou a ocasión para anunciar que está a traballar para traer novas actividades ao longo do ano e que planteará na Asociación de Veciños Cruz da Venta de San Ciprián, a cal preside dende o ano pasado. Unha delas incluirá o TaiJi Quan “Ésta é unha actividade que non ten límite de idade, dende os 5 anos ata a idade que nós mesmos desexemos podemos fortalecer a nosa vitalidade e a nosa saúde, de forma sinxela e divertíndonos”