Nota de Prensa
O GPPP critica que a Deputación desvíe 100.000 euros dos orzamentos de 2009 previstos para Turismo e Deportes a gastos diversos
* Os populares lamentan que os nacionalistas se sumen así as malas prácticas dos seus socios de goberno de habilitar partidas sin destino específico coas que logo practicar o derroche e o despilfarro
Lugo, a 13 de xaneiro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular critica que os responsables da Deputación desvíen preto de 100.000 euros consignados nos orzamentos do pasado ano para inversións na área de turismo e deportes a gastos diversos.
Entenden dende o GPPP que esta decisión corrobora as críticas que veñen facendo á responsable deste departamento, a vicepresidenta tercera María José Vega Buján, de que o seu compromiso co desenvolvemento e promoción do turismo na provincia é nulo. Significa, ademais, que non son capaces de xestionar os cartos que teñen para inversións, pero que si o son á hora de despilfarralos.
Os populares lamentan que os nacionalistas se sumen así as que consideran artimañas dos seus compañeiros de goberno de cambiar o destino das consignacións orzamentarias para adicalas a outros menesteres que, baixo o epígrafe de gastos diversos, non se especifica o seu destino e, polo tanto, quedan fora do control e fiscalización da oposición e se acaban despilfarrando en gastos improductivos.
Os populares fan referencia a un decreto do Presidente, con data do pasado 22 de decembro, polo que se autoriza o desvío dunha importante porcentaxe de varias partidas a outros gastos que non se determinan.
Así, por exemplo, a partida inicial de 52.000 euros adicada á reparación, mantemento e conservación de edificios e outras construccións das rutas fluviais redúcese un 30 por cento; e un 39,3 por cento a inversión consignada baixo o concepto de reposición en edificios e outras construccións, que inicialmente ascendía a 90.000 euros.
A rebaixa da partida adicada a inversións novas en mobiliario e aparellos da área de turismo tamén é drástica, xa que a consignacion prevista de 66.000 euros quédase en 24.800 euros, é dicir, nun 62,4 por cento menos.
A de deportes é outra das áreas afectadas por este desvío de fondos. Así, ós 62.500 euros que se ían adicar a inversión nova en mobiliario e aparellos para o pazo dos deportes, por exemplo, descontaranlle 26.691,60 euros que se adicarán a outros gastos sobre os que tampouco se ofrecen detalles.
Lembran dende o GPPP que nos orzamentos do presente exercicio, aprobados no último pleno, a área de Turismo da Deputación consignou 400.000 euros baixo o epígrafe de gastos diversos. Pola contra, o investimento real para as rotas fluviais limitarase a 104.000 euros e non para acutacións novas senón para reposicións. No que atinxe á promoción turística, a partida ascende a só 170.000 euros, á que hai que engadir outra de 150.000 euros para reposicións.
Ante estes datos, os populares conclúen que o destino de prácticamente a metade dos cartos que vai manexar Vega Buján en 2010 na área de Turismo é descoñecido, polo que non dubidan en valorar a súa xestión de oscurantista, ademais de ineficaz.