Viveiro 21 de decembro de 2017. O I WORKSHOP GALP A MARIÑA-ORTEGAL estase a celebrar no THALASSO CANTÁBRICO LAS SIRENAS. O evento que dou comezo ás 16:30 gozou coa presenza de personalidades do sector turístico como Cesáreo González Pardal, o secretario do Clúster de Turismo de Galicia, Alfredo Llano García, o vicepresidente e Mar López Leitón, xerente do GALP A Mariña-Ortegal. Tamén asistiron o tenente alcalde de Viveiro Jesús Fernández Fernández e a concelleira de Turismo de Viveiro, Marisol Rey Yáñez.
O acto deu comezo coa intervención de Alfredo Llano, quen falou sobre a importancia da creación de sinerxías no sector turístico para o desenvolvemento sostible do territorio. Cesáreo González, quen proseguiu coa súa intervención, falou da labor do Clúster de Turismo de Galicia e as oportunidades de crecemento que brinda esta organización.
Neste I Workshop A Mariña-Ortegal, contamos coa presenza de representantes de máis de 35 empresas que están a participar en lixeiras reunións que permitirán crear lazos nas máis de 500 reunións coa fin de crear relacións que impulsen a competitividade das empresas turísticas e en xeral de todo o sector empresarial do territorio. O obxectivo desta actividade é crear relacións satisfactorias entre axentes do territorio para impulsar o crecemento e a competitividade do tecido empresarial relacionado co turismo.