Os alumnos do Ceip San Cosme de Barreiros vanse de vacacións con moita alegría. A que demostraron na función desta mañá. Divertiron aos espectadores (as familias) cun bo número de actuacións musicais e teatrais, desde contos populares a cancións reivindicativas contra a violencia de xénero a golpe de rock. Como sempre fixeron gala de alegría e moito enxeño e deixaron sobre o escenario divertidas anécdotas. O acto finalizou coa proxección dun vídeo realizado polo equipo escolar no que se mostra a evolución e o compromiso dos estudantes do Ceip San Cosme. Un agasallo moi emotivo para as familias.
Festival de nadal do CEIP San Cosme de Barreiros
Festival de nadal do CEIP San Cosme de Barreiros
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro