A famosa frase «algo ole a podre en Dinamarca» ben pode aplicarse a este pais de pel de boi manso ( Estado español). Un dos seus piares, o da xustiza, lle resquebraxa a ollos vistos por todas partes e a súa descomposición é patente. As súas actuacións causan con demasiada frecuencia un verdadeiro terror. Ninguén, ou moi poucos, cren nela. Só aqueles aos que lles interesa para as súas propias fins.
Ás veces un ten a impresión de que as cousas non cambiaron senón na superficie. España segue sendo, por riba de todo, un país de listos e de pícaros. Xa o dixo Larra: volva vostede mañá se quere que avance o seu expediente. Hai un caos xeneralizado no mundo da burocracia, patente por exemplo na lentitude e o funcionamento caótico da Xustiza, un sector da vida nacional ao que non chegou a democracia nin tampouco se lle espera. E é que isto do Consello Xeral do Poder Xudicial, o CGPD, o gremio para dicilo con maior claridade. Os seus compoñentes son moi malos xuíces pero excelentes colegas. Forman unha corporación solidaria na que cada cal tapa as vergonzas do veciño. E desta maneira seguimos andando para atrás como os cangrexos.
Un día ponlle unha multiña a unha xuíza que se nega a oficiar matrimonios homosexuais, e ao día seguinte arrepíntense e tírana. Outro día ponlle unha multiña ao xuíz que non mandou a prisión ao pedófilo que asasinou unha nena en Huelva: 1.500 euros de nada, en vez de apartalo da carreira xudicial. O ministro, acepta que en España a cousa é lenta, os procesos son duradeiros e hai case 300.000 sentenzas penais sen aplicar. Hai ou non hai caos xeneralizado no mundo da Xustiza no noso país?
Dá a impresión de que o franquismo non morreu, senón que se mantén aí, enquistado no substrato mesmo da nosa sociedade. Porque esta caste dos señores xuíces, maxistrados e demais non só lle nega a dar un paso á fronte senón que está sumamente preocupada por defender os seus intereses fronte ao resto. Para que sérvenos unha Xustiza que tarda a de Deus en xulgar os casos, e que logo tarda outro tanto en aplicar as sentenzas?
Din algúns que a execución de sentenza é o proceso lento por excelencia, e que esta lentitude é un dos males endémicos da Xustiza española. Non existe unha xustiza para ricos, na que-mediante determinados tratamentos e prebendas – as cousas fanse dunha maneira? E non existe unha Xustiza para xente do común na que abundan sentenzas rarísimas?. Dá a impresión de que, veña o goberno que veña, este é un sector inmóbil, elefantiásico, monstruosamente ineficaz.
Un exemplo ben cercan e o que sucede nos xulgados de Viveiro de onde dependemos os que vivimos dende Foz a O Vicedo , Tivo que ser o Consello Xeral do Poder Xudicial con sede en Madrid quen puxo o punto sobre as ies, ao ivestigar que era o que esta a pasar no xulgado de Viveiro coas querelas presentadas no 2006 e 2009 por Isaac Diaz Pardo contra seis membros do consello de administración de Sargadelos por a forma en que foi apartado do grupo de empresas e que durmía no limbo dos xustos, non sei eu si intencionadamente ou por casualidade , agora tras a chamada de atención dende Madrid o asunto tómase en consideración e comeza a andaina legal.
Claro que non todos os habitantes dependentes destes xulgados de Viveiro temos as amizades de Diaz Pardo para chegar a onde chegou, e por tanto os nosos “lios” seguen tamén a durmir unha sesta perpetua.
Hoxe verse nos xulgados ,cos papeis, coas demandas e coas sentenzas segue sendo algo temible porque se ten a impresión de que non somos ninguén fronte a un sistema obsoleto, absurdo, predemocrático, co que ninguén pode botar un pulso porque estes señores que o conforman son calquera cousa menos verdadeiros cidadáns. E así nos vai.