LUGO .- As probas de atletismo en idade escolar previstas para a próximo domingo nas instalacións das Pedreiras serán pospostas para os días 16 e 24 do presente mes. Os nenos e nenas participantes pertencen a clubes e colexios de diversos puntos da provincia e estaban convocados nas pistas de atletismo para este domingo a partir das once da mañá.
Nota de Prensa
A ADVERSA CLIMATOLOXÍA OBRIGA A POSPOÑER AS PROBAS DE ATLETISMO DE BASE PREVISTAS PARA O DOMINGO NAS PEDREIRAS
* Está previsto celebrar a competición de cadetes o vindeiro día 16 e as correspondentes ao resto das categorías carreiras o domingo día 24
Lugo, 8 de xaneiro de 2010.- As probas de atletismo en idade escolar previstas para a próximo domingo nas instalacións das Pedreiras serán pospostas para os días 16 e 24 do presente mes. Arredor de 280 nenos e nenas estaban convocados ás competicións, que finalmente foron suspendidas por mor das adversas condicións climatolóxicas que afectan á provincia e que, para maior seguridade dos participantes e os acompañantes que se acercasen ata as instalacións, provocaron o retraso das actividades ata as datas referidas.
Os organizadores do acto, a Xunta de Galicia –a través da Secretaría Xeral para o Deporte- e a Federación Galega de Atletismo, decidiron aprazar a celebración das probas diante das previsións meteorolóxicas que apuntan a posibilidade de neve e xeo que seguirán provocando dificultades para a circulación nas estradas durante os vindeiros días.
Os nenos e nenas participantes pertencen a clubes e colexios de diversos puntos da provincia e estaban convocados nas pistas de atletismo para este domingo a partir das once da mañá.
O novo calendario divide as competicións en dúas xornadas. Así, en principio o sábado día 16 de xaneiro, pola mañá, terán lugar as probas de cadetes. As competicións nas categorías de benjamín, alevín e infantil atrásanse ata o domingo 24 de xaneiro.
A organización realizou xa unha comunicación directa aos representantes dos distintos equipos participantes, informando da suspensión das probas e das variacións habidas no calendario.