A Mariña 26-11-17. O primeiro turno foi para Brais, que ás 10.00 h tiña a proba de lanzamento de peso, que se celebraba con toda-las categorías conxuntamente. Brais conseguiu un mellor lanzamento de 6.65 m., superando o seu mellor rexistro en case 30 ctms. Brais acadaría a 3ª posición da categoría infantil masculina.
Unha hora máis tarde disputaba a proba de 60 m.l., cun rexistro de 11.05 seg. e sendo o 5º clasificado da sua serie.
Acto seguido era o turno de Aleix, que principiaba a sua participación na proba de 60 m.l. Aleix invertiu un tempo de 7,83 seg. en cruza-la liña de meta, rebaixando a sua mellor marca en case medio segundo e sendo o primeiro clasificado na sua serie. Esta disciplina era compartida coas categorías de cadete a veteráns.
Tres horas máis tardes era o turno da sua especialidade ata a data, os 300 m.l. en categoría cadete. Aleix partía na 3ª serie e invertiu un tempo de 38.87 seg, o que o levou a se-lo gañador da proba e rebaixa-lo seu mellor rexistro en case 1 segundo.
Unha gran mañá de atletismo que serviu para ir certificando o traballo feito ata o de agora e que se reflexa na mellora das marcas.