Foz 26-11-17. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Na parroquia de San Acisclo atópase a estrada LU-P-0210, estrada que une os concellos de Alfoz e Foz, esta estrada é coñecida como a estrada que vai de San Antonio – Á Seara. Este vial, coincidindo coa obra da estrada dende os camioneiros a Ferreira foi tamén mellorada toda ela case na súa totalidade, curiosamente quedou sen mellorar o tramo completo do concello de Foz, estamos a falar duns 400 metros, daquela xustificando que non se reparaba a zoa de Foz porque non se sabía con exactitude como ía quedar a estrada da Xunta de Galicia ó seu paso por san Acisclo. Anos despois parece que esta obra quedou no olvido, sen embargo son moitas as persoas que utilizan esta estrada, e dende a nosa formación entendemos que debemos reclamar algo que tamén nos pediron os veciños desta parroquia e dar remate a esta estrada. Non sabemos si debe saír ó cruce actual ou podería ir enlazar á rotonda situada a escasos metros desta saída, dende a nosa formación tal vez nos decantáramos mais pola segunda opción pero deben ser os técnicos correspondentes quen o ditaminen.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar á deputación Provincial de Lugo a rematar a estrada LU-P-0210 no termo municipal de Foz, na parroquia de san Acisclo, estrada coñecida como a de San Antonio. Escollendo a mellor opción para enlazar coa estrada da Xunta de Galicia que transcorre por esta parroquia.