Nota de Prensa
O GMPP afirma que “a marca socialista do despilfarro tamén se da en Burela”.
Manuel Fernández asegura que o bipartito manexou en 2009 medio millón de euros para autobombo e propaganda.
O PP di que ainda se deben cartos das festas patronais.
O PP de Burela afirmou hoxe que a mala xestión económica do alcalde “significa que a marca socialista do despilfarro e do derroche tamén se dá en Burela”.
Manuel Fernández Valle indicou que “a mala xestión do bipatito burelés queda demostrada co gasto incontrolado de medio millón de euros, uns oitenta e tres millóns das antigas pesetas, durante o ano 2009”. Fernández Valle indicou que “eses cartos despilfarráronse alegremente en autobombo e propaganda, cando deberían invertirse en medidas de apoio ás familias máis necesitadas por culpa da crise, ou en medidas de apoio ó mantemento do emprego”.
O concelleiro popular asegura que “nada de eso se fixo. E o peor é que ainda quedan moitas cousas por pagar. Por exemplo, seguen sen pagarse gastos derivados das festas patronais do ano pasado por un importe que chega ós setenta mil euros: actuacións musicais, foguetes artificiais e alumiado”.
Fernández Valle tamén afirmou que “os problemas para pagar os cursos destinados ás mulleres continúan: o concello ainda debe contías importantes destes cursos, derivados do neglixente xeito de actuar de Nieves Cando”. E dixo: “que non se lle ocurra decir que o PP está en contra deses cursos, porque fumos nós quen os puxo en marcha: do que sí estamos en contra é da forma tan alegre e lixeira que tén esta señora de manexar os cartos de todos sen poñerse colorada”.
O edil popular indicou que “a responsabilidade é do alcalde, un home cunha débil personalidade e con escaso carácter. Nós queremos un alcalde que exerza como alcalde, e que asuma a súa responsabilidade. Non queremos un ilusionista que é incapaz de xenerar ilusión”. “Polo que vemos, indicou Fernández Valle, o único que vive de ilusión é o alcalde, porque solo así se entende eso de decir que coas obras feitas polo bipartito Burela colle personalidade propia. A este respecto, dúas cousas: a personalidade propia de Burela non lla dá precisamente a falla de traballo do alcalde, porque Burela xa tiña personalidade propia antes de que el chegase aquí; e se dependéramos das obras do bipartito para impulsar Burela, o que estaríamos facendo é xusto o contrario, levala ó fracaso, porque cambiando dúas farolas non se lle da personalidade propia a un pueblo”.