O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explicou que “debido a que o próximo domingo se celebra en Lourenzá a terceira edición do Vilou Fashion, adiántase ao venres 17 a actuación do grupo local Os Trangalleiros coa obra A taberna de Suso. Será ás 21 horas. E o sábado 18 ás 20:30 horas tócalle o turno ao grupo de teatro da asociación cultural Juan Manuel Méndez, de La Caridad (El Franco), que porá en escena El picadero de mi abuelo. As representacións teñen lugar no salón de actos do Concello e o prezo das entradas é de 3 euros”.
Este fin de semana, venres e sábado, haberá outras dúas representacións do certame de teatro afeccionado organizado polo Concello de Lourenzá
Este fin de semana, venres e sábado, haberá outras dúas representacións do certame de teatro afeccionado organizado polo Concello de Lourenzá
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro