Despois da súa xira de tres anos por Europa, chega a España esta montaxe que une cultura, diversión, ecoloxía, tecnoloxía, imaxe e son, cunha posta en escena completamente exótica pensada para un público familiar. Presenta as situacións que rodean ao mundo animal, pero coa particularidade de que as personaxes ás que lles suceden as aventuras son, aos ollos do público, auténticos dinosaurios. Jurásico. La isla perdida presentarase na Casa da Cultura de Burela o día 15 de decembro, ás 20:00 horas. As entradas están á venda en ataquilla.com, na Biblioteca Municipal de Burela e na cervexería O Traste.