Lugo 11-11-17. A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, inaugurou este sábado, os XXI Xogos Autonómicos de Natación Special Olympics Galicia para persoas con discapacidade intelectual. Trátase da competición que organiza Special Olympics Galicia que conta con 400 nadadores, dos cales 111 son da provincia de Lugo, e que ten lugar nas piscinas municipais das Pedreiras. O Goberno da Deputación colabora con este colectivo cunha achega económica de 8.000 euros para a celebración de actividades durante todo o ano. No acto tamén participaron o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández; o Presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; e o Presidente de Aspnais, José Reigosa.
López Izquierdo puxo en valor este tipo de iniciativas e felicitou a Special Olympics “por organizar estes xogos, que traballan para botar abaixo barreiras e obstáculos físicos e prexuízos, que son os que realmente entorpecen a total integración. O espírito de colaboración e superación destes 400 deportistas, fortalece aspectos tan importantes como a autorrealización e o recoñecemento propio”.