Burela 11-11-17.Este sábado os senderistas de Burela realizaron a última etapa do Camiño Natural do Cantábrico que transcorre pola provincia de Lugo. O tramo, de 15 Km., percorre integramente territorio do Vicedo desde a praia de San Román ata as pontes de O Barqueiro, na desembocadura do río Sor.
O mais destacado do percorrido son os espazos naturais: as praias de San Román, Xilloi, Caolín e Area Longa, así como a Illa Coelleira e a desembocadura do río Sor na espectacular ría de Ou Barqueiro. Tamén coñeceron a antiga fabrica de salgadura de peixe na praia do Caolín.
Participaron medio centenar de senderistas e excepto por pequenos orballos, o día transcorreu con moi bo tempo.
Ao finalizar repuxeron forzas cunha magnifica comida no restaurante Area Grande.
Para esgotar o calendario de actividades do 2017, a directiva está a traballar nos dous eventos que restan: a asemblea e cea de socios que será o día 24 de novembro e a última ruta do ano que será como cada tempada na Fonsagrada a celebrar o domingo 3 de decembro.