Hoxe e mañá (4 e 5 de xaneiro) de 11 a 13 horas ten lugar na praza de abastos de Burela o obradoiro de xogos tradicionais e igualdade de oportunidades, para nenos/as de 6 a 12 anos. Mañá martes celebrarase a tradicional cabalgata a partir das 7 da tarde; os caramelos que se repartirán durante a cabalgata de reis son aptos para celíacos. Para o 8 de xaneiro está previsto o Concerto de Aninovo que ofrecerá a Escola Municipal de Música de Burela a partires das 20:30 horas na Casa da Cultura. E o 9 de xaneiro os máis novos teñen unha cita coa maxia ás das 18 horas na Casa da Cultura.
Actividades en Burela para os últimos días do Nadal
Actividades en Burela para os últimos días do Nadal
Relacionado
-
Ribadeo gardou un minuto de silencio pola primeira vítima de violencia de xénero en Galicia neste 2025: Josefa Fariñas, do Bolo
-
Xs traballadorxs de Sargadelos volverán aos postos de traballo
-
A libraría Bahía de Foz acolle este xoves a presentación do libro ‘Pájaro Raíz’ da escritora, narradora e psicóloga Lidia Luna