Burela, 2 de novembro de 2017. A Concellería de Servizos Sociais informa que está aberto o prazo para solicitar a participación no programa Xuntos polo Nadal.
Patricia Otero lembra que “este programa está organizado pola Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Dito programa quere que as persoas maiores residentes en Galicia e que polo Nadal se atopen soas, pasen estas datas acompañadas, polo que consiste nunha estancia dende o 23 de decembro de 2017 ata o 7 de xaneiro de 2018. Ofértanse 120 prazas para a provincia de Lugo na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Carballido (Ourense)”.
A concelleira de Servizos Sociais lembra que “este programa está dirixido ás persoas maiores de 60 anos, deben estar empadroadas nalgún dos concellos galegos, vivir solo/a, valerse por si mesmos, non sufrir ningunha enfermidade infecto-contaxiosa ou trastornos mentais ou conductuais, ter un nivel de ingresos económicos baixo e que vaian estar soas no Nadal”.
Otero engadiu que “os participantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 €) asistirán de forma gratuíta e os que superen dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 euros”.
A edil burelesa dixo que “o prazo para participar neste programa remata o día 17 deste mes de novembro, e os/as interesados/as deberán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Burela en horario de 8:00 a 15:00 horas de luns a venres”.