O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto á Concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre Vázquez, inaugurou a Xornada de actualización sobre o patrimonio e os recursos turísticos de Lugo, que organiza a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia, co apoio do Goberno da Deputación. Vidal Baamonde avanzou algunhas das liñas de actuación que o organismo provincial está a levar a cabo enmarcadas no Plan Estratéxico de Turismo, totalmente participativo, que o Executivo puxo en marcha co obxectivo de xerar riqueza e dinamizar o emprego a través do turismo.
Vidal Baamonde participou na Xornada de actualización sobre o patrimonio e os recursos turísticos de Lugo
Vidal Baamonde participou na Xornada de actualización sobre o patrimonio e os recursos turísticos de Lugo
Relacionado
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organizou o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería