Viveiro 17-10-17. Nova Escena xurde en 1997 a partir dun obradoiro de teatro organizado polo Concello de Lugo,constituindose como asociacion cultural en 2003. Desde aquela levan representado mais dunha decena de pezas teatrais, reivindicando co seu bo facer a importancia do teatro amador: Borralliña, O
Decamerón, Lisístrata, A irmá María Ignacia explícavolo todo, Cinco mulleres co mesmo vestido, O Lirio,
O inspector, A herdanza da tía Constanza, 2155, In Pacem, A apócema… Destacan ademais na sua
traxectoria as suas participacions en animacions de rua: A profetisa, A porta do sul…
Desde os seus comezos, levan un rexistro exacto das estatisticas de cada funcion, entre eles o do
numero de espectadores. Dacordo con eses datos, a comezos de 2016 chegarian a un total de case 15 mil desde que comezaron a actuar.
Hora: 20:30 h
Público: para maiores de 12 anos.
Autoría: Xoan Carlos Laxe
Dirección: Maria Marquez
Elenco: 10 actores e actrices
Duración: 70 minutos
Sinopse: Unha pension barata e o crisol onde se fusionan as personalidades dunha decena de personaxes xunguidos pola soidade. Entre eles, un enorme baleiro que as veces e enganado pola ilusion de compartir un prato de comida e un teito. As biografias dos protagonistas tecen unha reflexion sobre as motivacions daquelas persoas invisibeis as que adoitamos chamar marxinados.