Cervo, 16 de outubro de 2017.- O alcalde do Concello de Cervo, Alfonso Villares, xunto ca Delegada de Cultura e Educación, María Dolores García Caramés, fixeron entrega dos cheques para as axudas destinadas a material escolar ás familias dos alumnos do CEIP de Cervo.
Tal e como sinalou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, “o fin desta liña de axudas é o de apoiar ás familias e priorizar e potenciar unha área fundamental como é a educación”.
As axudas ao CEIP de Cervo diferéncianse das do CEIP de San Ciprián debido aos modelos de xestión de material escolar que adopta cada un dos centros, o que fai que leven diferentes tempos.
A cantidade aportada a cada alumno do CEIP de Cervo é de 130€ que segundo apunta Villares “vai no camiño de potenciar a educación dos nosos veciños e da nosa sociedade”.