BURELA .- A secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, e o director da Obra Social de Caixa Galicia, Manuel Aguilar, farán a entrega ao o Centro de Menores San Aníbal de Burela dunha Furgoneta cofinanciada por ambos organismos; será o martes, día 29.
Nota de Prensa
O vindeiro martes, día 29, a Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Dª Susana López Abella, e o Director da Obra Social de Caixa Galicia, D. Manuel Aguilar, visitarán ás 10:30 horas o Centro de Menores San Aníbal de Burela e farán a entrega ao mesmo dunha Furgoneta Cofinanciada por estes dous Organismos.
O Centro de Menores San Aníbal acolle a 19 menores que se atopan en situación de atención integral de día, tras a oportuna resolución ditada polo Servizo de Menores de Lugo. Con esta medida a Xunta de Galicia intenta preservar as menores na súa contorna familiar mentres, de forma integral, servizo de menores, servizos sociais municipais e o propio Centro San Aníbal traballan coordinadamente coas familias destes menores para evitar que a situación de risco non continúe e non sexa necesario establecer unha garda ou tutela nun centro con internado para estes menores.
O Centro San Aníbal presta atención non só a menores de Burela, senón que tamén dá cobertura aos Concellos próximo ao mesmo.
O Centro San Aníbal é un Centro de Menores Concertado coa Consellería de Traballo e Benestar, conta con 20 prazas e presta atención e apoio en diferentes ámbitos: educativo, social, psicolóxico, conta cun programa de intervención familiar, cuxo obxectivo principal é analizar e potenciar os puntos fortes que as familias dos menores posúen, así como, naqueles puntos débiles, establecer un protocolo de actuación conxunto entre os técnicos do Centro e a propia familiar para poder superar o motivo de ingreso dos seus fillos no Centro.