XOVE / LUGO (M.F.O) .- A última xornada do ano en Primeira Nacional deparou sendas derrotas para os dous equipos mariñáns. Aínda que con sabores distintos, pois o Xove estivo a piques de gañarlle ao sexto clasificado, e o Celtas caeu por 31 puntos ante un rival directo pola permanencia.
O C. B. Xove recibiu na súa pista ao Reale-Thebes de A Estrada que despois de ir perdendo case todo o partido finalmente levouse a vitoria por 60 puntos a 63. O partido comezou ben para os de Xove que con unha defensa en zona atascaron o ataque rival e fóronse ao descanso catro puntos arriba. No terceiro cuarto os xovenses non tiveron acertados de cara o aro e so puideron anotar 10 a pesar do cal mantiveron un punto de vantaxe para afrontar os últimos dez minutos. Nestes momentos finais a igualdade foi máxima. A falta de dous minutos os locais colleron unha pequena vantaxe pero os de A Estrada reaccionaron para a falta de oito segundos poñerse tres puntos arriba ( 60- 63 ), marcador que xa non se movería. Na última xogada os de Xove lanzaron un triple para empatar o partido pero a sorte non os acompañou encadeando así a súa oitava derrota consecutiva.
Polo C. B. Xove xogaron: Álvaro(6), Ángel(4), Andrés(11), Fernando(12), Alcalde(4) – Juanma(12), Javi(6), Piñon(5), Cuqui, José David e Eloy.
O Celtas-Primera Calidad enfrontouse en Lugo ao Estudiantes nun partido vital para acadar a permanencia. Os primeiros minutos do encontro estiveron cargados de imprecisións por ambos equipos e ao termino do primeiro cuarto o marcador reflectía un pobre 10 a 14 favorable aos focenses. No seguintes dez minutos os lugueses pisaron o acelerador e con unha defensa presionante a toda pista endosáronlle aos de Foz un parcial de 30 a 14. O segundo período foi mais do mesmo pois o Celtas so aguantou dez minutos, encaixando no ultimo cuarto outro parcial de 32 a 11. O resultado final de 87 puntos a 56 deixa aos focense con so unha vitoria tras os catorce partidos disputados. Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Sama(22), Diego, Miguel(12), Manolo(8), Eduardo – Ramón(2), Aarón(7), Brais(5), Lucas e Manuel