CERVO .- O Concello de Cervo -a través das súas delegacións de Cultura e de Asuntos Sociais- fixo na tarde de onte a entrega dos premios aos gañadores dos concursos de postais do Nadal, poesía infantil; e do certame de narración contra a violencia de xénero “Carta a un Maltratador”.
Os gañadores foron os seguintes:
VII Concurso de Postais do Nadal
Nome e Apelidos | Colexio | Idade | ||||
Lucía Soto (*) | CEIP Cervo nº! (Galdín) | 5 anos | ||||
Andrea López Méndez | CEIP Cervo nº1 (Galdín) | 8 anos | ||||
Celtia López Martínez | CEIP Cervo nº1 (Galdín) | 10 anos |
(*) = Postal gañadora, elixida para a felicitación oficial do Concello
Concurso “Carta a un Maltratador”
Nome e Apelidos | Premio | |||
Dulce Mª López Gasalla | 100,00 € |
A entrega de premios tivo lugar lugar o vindeiro no transcurso do Festival de Maxia que se celebrou no salón de actos da Casa da Cultura e na que actuou o ilusionista Martín Camiña co seu espectáculo “Feitizo”. No acto tamén houbo o reparto de agasallos a tódolos nenos e nenas que participaron no concurso de postais de Nadal.