Riotorto, 5 de agosto de 2017. PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE SOLICITUDE DE AXUDA A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA A ADQUISICIÓN DUN TRACTOR DE DESBROCE PARA PISTAS MUNICIPAIS
Este Concello ten 66 km cadrados de superficie, dispón de máis de 500 km de pistas municipais, o cal realiza anualmente labores de desbroce(pasillos e taludes) e conservación por ser un servizo de competencia municipal.
Na actualidade dispoñemos dun tractor marca EBRO 8135 que ten máis de 25 anos dende a súa primeira matriculación, o cal se atopa nun estado pésimo polo seu desgaste, con avarías continúas e con enormes gastos de reparación en talleres.
Esta administración local non dispón de recursos económicos, tendo unha débeda de aproximadamente 800.000 euros, polo que é inviable a adquisición con fondos propios.
Visto que a Deputación Provincial de Lugo ten encomendada a axuda e colaboración na prestación de servizos básicos a concellos de menos de 5000 habitantes.
Visto que recentemente o ente provincial acaba de incorporar o orzamento do ano 2017 un remanente de 2,7 millóns de euros do orzamento de 2016 na partida de transferencia a concellos.
Esta Alcaldía considera prioritario a adquisición dun tractor para a prestación do servizo de desbroce de pistas municipais polos motivos expostos anteriormente.
En uso das facultades que me foron conferidas, propoño O PLENO deste Concello a adopción dos seguintes acordos:
1.- Solicitar a Excma Deputación Provincial de Lugo unha axuda por importe de 65.000 euros para financiar en parte a adquisición dun tractor, mediante un convenio excepcional con este concello.
2.- Dar contar deste acordo a tódolos grupos políticos con representación na institución provincial.